Xesús Constela debuta «desde a calidade» na literatura galega

Categoría: Nova

"Unha nova estrela na Constelación de Galaxia". Así definía o pasado 6 de outubro o editor Víctor Freixanes a Xesús Constela durante a presentación da ópera prima deste último, , que se ergueu en decembro co Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. O seu Presidente Salvador Fernández Moreda, a súa satisfacción pola consolidación do certame que cumpliu quince edicións.

Freixanes sinalou que Constela debuta na literatura galega "dende a solidez e a calidade narrativa" con "un libro escrito en diálogo coa contemporaneidade e a cultura universal". Dieste, Cunqueiro foron algúns dos referentes empregados polo director de Galaxia para definir a Constela, do que Moreda destacou a súa condición de ferrolanao igual que Gonzalo Torrente Ballester. Freixanes asegura que As humanas proporcións, último premio Torrente, expón un novo territorio narrativo para a literatura galega.

Asegura Xesús Constela que dentro deste libro, As humanas proporcións, está sempre" a realidade da vida, aínda que as historias parezan, nalgúns casos fantásticas e os personaxes transpoñan a súa época.

Para o autor premiado "a obra ten dous finais. Trátase duna serie de contos que, no orixinal que presentei ao premio eran 11, pero que logo para o libro engadín outro polo que nun se termina con tristura e noutro con optimismo"… Subliña Constela que "estou a traballar nunha novela longa, xa que o premio deume ánimos para metereme cu proxecto de máis envergadura en canto a tamaño, xa que considero os contos, por igual, obrasrematadas". Tamén amosou estar moi sorprendido e satisfeito polo esmero posto por Galaxia na edición.

Comparte nas túas redes sociais ou por email