Xesús Alonso Montero acada o Premio Cultura Galega das Letras

Categoría: Evento

Onte, en Vigo, entregáronse os Premios da Cultura Galega. Nesta edición, o catedrático de Literatura Galega e escritor, Xesús Alonso Montero, foi galardoado na modalidade de Letras. Ensaísta e polígrafo nado en Vigo en 1928, pertence á promoción de escritores que iniciaron o seu labor intelectual e cultural tras a Guerra Civil. Dende entón desenvolveu un abondoso traballo de publicitación e espallamento da cultura galega nas súas distintas dimensións. Foi Presidente da RAG entre 2013 e 2017.

Con este premio destácase o seu labor a prol das Letras, poñendo en valor a súa excelencia e a acción cultural desenvolvida cun gran talento. Na nosa casa publicou títulos como Tres poetas medievais da ría de Vigo, Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces, Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega.

O propio Alonso Montero destacou no seu discurso que, para el, “a cultura é unha cousa que abre os ollos; se non os abre, non é cultura“.

Comparte nas túas redes sociais ou por email