Estes días chegará ás librerías de todo o país o novo libro de Xavier Queipo, quen xoga cunhas Cartas marcadas que non teñen nada que ver coa idea de "xogar con avantaxe" senón co concepto de "marca" referido ao tipo de tema do que se trata, que está ben definido: a escritura e a lectura. Os libros e o seu universo. A experiencia da literatura como escritor e lector. Non por nada o libro comeza cun texto sobre a lectura titulado simplemente "Ler", pasando a outros como "A ficción, fábrica de realidades" para seguir cos temas máis diversos, coma os libros que levar cando se viaxa, reflexións sobre a literatura nos cadernos de bitácora, as semellanzas entre certos conceptos de astronomía e a literatura na blogosfera, os escritores galegos biólogos ou a arte de editar. Así ata vintecatro textos.

Un libro para reflexionar sobre a literatura, as súas fronteiras e para ler devagar, gorentando cada palabra e cada reflexión.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR