Xavier Queipo presenta ÁRTICO 2.0

Categoría: Nova

Este xoves, e dentro dos actos programados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentarase unha nova edición dun libro crucial na carreira literaria de Xavier Queipo, neste caso, rebautizado o libro como 'Ártico 2.0'.
Participan, canda o autor, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Gonzalo Navaza, escritor e tradutor.
Estamos agora diante dunha versión nova e ampliada do texto co que Xavier Queipo obtivo o Premio da Crítica española en 1991.
A pegada do mar e dos océanos xeados é unha constante na narrativa de Queipo, que experimenta coa escritura baixo a sombra tutelar de Borges e Jack London, de Conrad e Francisco Coloane. Libro de libros e de océanos, relatos de viaxe, ficcións que descobren personaxes e historias ignotos, mundos polo de agora inexplorados.
Unha oportunidade para volver a atoparnos co mellor Queipo de sempre.

Comparte nas túas redes sociais ou por email