A nosa editorial vai cos tempos. E se a literatura a cada volta se volve máis dixital, e a lectura en pantalla vai gañando adeptos (xa hai quen ve o futuro da lectura só no ámbito dos eBooks), o certo é que a música hai ben de tempo que deu o paso ao dixital con todas as súas consecuencias.
Nós, convencidos da necesidade da convivencia entre formatos, pero apaixonados tamén polos cambios que está a depararnos este futuro vertixinoso, sumámonos á aposta dixital para que, quen queira, dende o trebello que queira, poida tamén escoitar os traballos musicais que van saíndo do noso prelo.
Así, neste intre están xa dispoñibles as músicas de 'Rosalía pequeniña', de Uxía, 'Bicos de música', 'Ola, ola, la!' e 'Xa me tardan estes Magos', de Mamá Cabra, 'Na lingua que eu falo', de Najla Shami, 'Toc toc' de Pablo Díaz, e 'María Fumaça'.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR