Xa están aquí os Catálogos coas novidades do 2017

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia pon á disposición dos seus lectores dous catálogos coas novidades deste 2017. Dous volumes que reunen os títulos aparecidos nas nosas coleccións máis prolíficas: Árbore e Sonárbore, dunha banda; e Costa Oeste e Literaria da outra. Fáciles de manexar e especialmente útiles para ter unha visión global do publicado ao longo deste ano de actividade frenética, estes dous catálogos pódense descargar na sección Materiais da nosa web (ou ao remate deste post). Para calquera outra pesquisa sobre os títulos do noso fondo editorial, podes empregar o buscador da nosa web, e se non queres perder ningunha das novidades, só tes que seguir atentamente este blog ou botarlle un ollo ás nosas redes sociais!
Podes descargar o catálogo de Árbore e Sonárbore aquí.
E o de Costa Oeste e Literaria, aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email