Xa chegou o Apalpador!

Categoría: Nova

Achégase o final do ano e o Apalpador visitará nestas datas as vilas galegas para apalpar os ventres dos máis cativos e ver se comeron abondo durante este 2018. O xigante carboaeiro deixará agasallos e mancheas de castañas para desexarnos fortuna, felicidade e fartura no ano que comeza.
Se aínda non coñeces a figura do Apalpador, ou queres saber algo máis sobre a súa historia, en Galaxia recomendámosche O apalpador, unha divertida obra de Carlos Labraña, onde este personaxe da mitoloxía galega aparece tamén cargado de risas, sorpresas e moito disparate. Unha viaxe teatral arredor dunha figura cada vez máis importante do noso Nadal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email