Vinte anos das “Rulas de Bakunin”

Categoría: Nova

O vixésimo aniversario da publicación de As rulas de Bakunin, de Antón Riveiro Coello, cadra coa saída neste ano 2020 da novena edición da novela, que foi Premio García Barros no ano 2000 e leva 17.000 exemplares vendidos.
Nestes vinte anos, o conxunto da obra literaria de Riveiro Coello non deixou de engrandecerse con temas novos e formas literarias diversas. Desde a saga familiar protagonizada por mulleres en A esfinxe de amaranto (2003) ao enigmático labirinto creativo de Os ollos de K (2007); da autorrepresentación narrativa en Casas baratas (2005) á novela total, que abrangue épocas e continentes, en Laura no deserto (2011). Achega fundamental para a narrativa galega contemporánea, o pulo creativo de Riveiro Coello supón unha busca constante de temas e formas literarias coa intención de engaiolar a quen le para converter a lectura no pracer do texto, sen limitala ao acto de ler por pracer.

Comparte nas túas redes sociais ou por email