Vídeo de María Fumaça

Categoría: Nova

No seu día foi O MERCADO. Logo, BANANA PHONE. Agora, damos en aberto, para o seu visionado de balde, o clip do tema que dá título ao traballo do que foi, sen dúbida, o agasallo do pasado Nadal, unha proposta musical arredor da vida, o amor e as ganas de vivir.
Escollemos este video porque nos permite ver á perfección o ambiente que se vivía na casa de Ruí, o cativo que inspirou o libro, o audiovisual e, sobre todo, as músicas.
Que serva a todo o mundo para entender que o que paga a pena na vida é Cantar e Bailar para sermos máis felices.
Á dereita destas liñas deixamos a ligazón dende a que descargar o video, na canle de Youtube da Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email