O documental Versogramas, publicado nunha coidada edición con textos e dvd o pasado ano na nosa colección de Libro-Cinema, acaba de ser nominada en catro categorías na vindeira edición dos Premios Mestre Mateo, os grandes galardóns do audiovisual galego.

Mellor documental, mellor montaxe, mellor música orixinal e mellor dirección de fotografía son as categorías nas que Versogramas compite nuns premios promovidos pola Academia Galega do Audiovisual e que se entergarán o vindeiro 2 de marzo no Palacio da Ópera da Coruña.

Producido por Esferobite, coa coprodución da Televisión de Galicia, Versogramas é o primeiro documental de longa duración en explorar o fenómeno da videopoesía, un xénero artístico de crecente popularidade, e nel participaron vídeopoetas como Yolanda Castaño, Antón Reixa, Iria Pinheiro ou Dionisio Cañas. Dirixido por Belén Montero, con codirección de Juan Lesta, Versogramas estreouse na primavera de 2018 iniciando o seu percorrido por festivais nacionais e internacionais.

Belén Montero (1970) e Juan Lesta (1971) son realizadores cunha ampla experiencia en proxectos experimentais e multimedia orientados tanto á cultura coma ó video corporativo. Formaron no 98 a produtora Esfirobite, e baixo o nome artístico DSK, realizan sesións de vídeo en directo e proxectos artístico-musicais. Os seus traballos foron seleccionados e premiados en numerosos festivais, (tales como MTV Awards, Escales Documentaires La Rochelle, Cineuropa) e expostos en museos coma o Pompidou (Metz), o CGAC (Santiago de  Compostela) ou o Hangar (Barcelona).  Especialízanse en videoclip, live cinema, documental experimental, desarrollo web e proxectos educativos relacionados co vídeo.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR