Veronesi recolleu o Premio do Casino de Santiago

Categoría: Nova

O escritor Sandro Veronesi recolleu onte o Premio de Novela Eu­ropea Casino de Santiago, nunha velada que deu comezo coa inter­vención de Ubaldo Rueda, vicepresidente do Casino, agradecendo a colabora­ción de todos os presentes e dirixíndose especialmente a Sandro Veronesi. A cita, á que acudiron o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez-Bugallo, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, incluíu a lectura da acta, unha intervención de Xurxo Fer­nández -que realizou unha descrición do autor- e unha breve actua­ción musical a cargo do mozo Yago Domínguez.

Comparte nas túas redes sociais ou por email