Unha novela con vistas

Categoría: Nova

Na súa onda de escritor provocador, Jaureguizar volve a palestra o 21 de febrero de 2006 para presentar en Compostela a novela coa que acadou a última edición do Premio García Barros de novela: Cabaret Voltaire.

Na Galería Sargadelos de Compostela e acompañado por Carlos Lema, responsable de edicións de Editorial Galaxia, Jaureguizar fala dunha novela de amor e violencia na que a parodia dos relatos de espías é a escusa para abordar "a procura das identidades" e "as utopías que non se cumpren".

Trátase, como explica Carlos Lema, "dunha novela de longo percorrido" que comeza na preguerra mundial, pasa pola Guerra Fría e chega ao Ribadeo dos nosos días, "nun momento en que Europa empeza a vivir brotes do choque de civilizacións".

Mestura de ficción e realidade histórica que responden ao interese de Jauregizar por rachar cos principios ortodoxos da narración e procurar un maior interese aos acontecementos que se describen. Jaureguizar avoga pola división entre o xénero novelístico e outros exercicios prosísticos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email