Unha historia da música en Galicia xa dispoñible en prevenda

Categoría: Nova

Ata o 27 de xuño podes mercar por 34,40 euros, cun 20% de desconto sobre o prezo orixinal (43 euros) a obra máis completa sobre a historia da música galega: Unha historia da música en Galicia. 1952-2018. Ademais, nesta opción de prevenda inclúense os gastos de envío a nivel nacional.
Centos de horas de entrevistas a personalidades de grande importancia neste ámbito e miles de fotografías son algúns dos contidos que poderás atopar entre as páxinas de Unha historia da música en Galicia, obra de Fernando Fernández Rego. Unha intensa viaxe que recorre o camiño da música galega dende aquelas orquestas que ían en furgonetas por estradas imposibles, pasando polas diversas formacións de rock, pop, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80 que arranca en Vigo… E moito máis! Unha historia da música en Galicia consolídase como unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde podes atopar absolutamente todo.
O seu autor, Fernando Fernández Rego (Ferrol) é administrador da web musical LaFonoteca.net, escribe para Mondosonoro e a Rockdelux, e colabora con múltiples plataformas tanto dixitais como impresas. Publicou unha novela, Desorden, un tratado de existencialismo pospunk; abarcou o relato e a poesía en Blues From A Gun: Secuencias Interiores; entregou ensaios como o libro+CD 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega ou Galicia en Clip, xunto a Pablo Portero; e tamén biogragías como a da banda de Lugo Los Contentos, xunto a Piti Sanz e a de Andrés do Barro xunto a Sergio Peck. É tamén o responsable do selo discográfico Ferro Records. Ademais, é licenciado en Química pola USC e actualmente traballa como profesor de educación secundaria.
Non esperes máis para facerte con Unha historia da música en Galicia e encarga o teu exemplar!
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email