“Unha historia da música en Galicia”, recomendado en Rockdelux

Categoría: Nova

Velaquí deixamos a lista de mellores libros pop 2019 da prestixiosa revista Rockdelux. É a primeira vez que un libro en galego entra nesta listaxe. Unha historia da música en Galicia. 1952-2018 sitúase no posto 20. Unha obra que nos está a dar moitas alegrías e que condensa nas súas páxinas a totalidade do panorama musical galego dende 1952 ata a actualidade.81921045_557617388419800_3235073086512431104_n

O libro é unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles.

Continúa coas formacións que viñeron despois co pop, rock, beat, yé-yé, progresivo, jazz rock, folk, garage, blues, surf, a canción de autor, a movida dos anos 80, que arranca en Vigo… O autor manexa centos de horas de entrevistas que dan voz aqueles pioneiros que construíron as partituras felices da música galega. Máis de mil imaxes de discos, grupos, festivais… fan deste libro unha cumprida enciclopedia sobre a música de nós onde está todo, absolutamente todo. Ata os bises…

Comparte nas túas redes sociais ou por email