Unha Esmorga que non remata

Categoría: Nova

Dende o primeiro día no que saíu publicada, A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor converteuse nun clásico. Para moitos, e semella algo incuestionable, estamos diante da mellor novela nunca escrita na nosa lingua. Quizais por iso, xeración tras xeración, milleiros de galegos e galegas volven cada ano os seus ollos cara esta obra que profunda no destino tráxico de tres personaxes para sempre inesquecibles.
Estes días, vai chegando ás librerías de todo o país a 4ª edición desta novela dende que está inserida dentro da Biblioteca Blanco Amor que abrimos hai anos en Galaxia e que concentra o máis brillante de toda a súa enorme, en todos os sentidos da palabra, produción.

Comparte nas túas redes sociais ou por email