No día de onte, presentouse á prensa no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), en Santiago de Compostela, Unha educación de premio o libro da xornalista Selina Otero publicado pola Editorial Galaxia na súa Biblioteca de Intervención Social e Didáctica. A autora estivo acompañada nesta ocasión por Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e por Francisco Castro, director xeral de Galaxia.

Unha educación de premio é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais reunidas nun só volume por Selina Otero. Deste xeito, buscamos darlles voz aos docentes que aplican métodos exitosos, que explican en sucesivas entrevistas os pasos que foron dando para adaptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación das súas fillas e fillos, algo no que tamén incidiu o conselleiro Román Rodríguez ao afirmar que este libro é un “manual de referencia para toda a comunidade educativa galega”, xunto cos protagonistas que o inspiran, e moi útil tamén para as novas xeracións de mestres e profesores, “pois nel atoparán unha guía de boas prácticas e exemplos a seguir”.

Unha educación de premio está xa dispoñible nas librarías.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR