Unha ducia de galegos preséntase en Pontevedra

Categoría: Nova

Mañá, mércores 8 de novembro, ás 20h, o Ateneno de Pontevedra organiza unha presentación na Casa das Campás da reedición, corenta anos despois da súa publicación, de Unha ducia de galegos, o clásico xornalístico de Víctor F. Freixanes. Despois do éxito crítico desta nova singradura do volume, e da multitudinaria e cálida acollida na súa primeira presentación na libraría Cronopios de Compostela, o libro aterra na cidade natal do autor. Acompañando ao actual presidente da RAG estarán a escritora e académica Fina Casalderrey; o profesor, escritor e académico Xesús Alonso Montero; o escritor e presidente do Ateneo, Xaime Toxo; e o director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro.
convite-pontevedra-unha-ducia-de-galegos

Comparte nas túas redes sociais ou por email