Un mes co galego a debate

Categoría: Nova

Dende hoxe e durante todo o mes de decembro, o profesor e investigador Henrique Monteagudo protagonizará o espazo do noso blog que titulamos 'Balcón de libros' e que permite aos autores e autoras manter un coloquio cos seus lectores e un encontro con eles. Neste mes de Nadal, o libro escollido é 'As razóns do galego. Apelo a cidadanía', vibrante texto do profesor Monteagudo que nos chega, sen dúbidas, nun intre crucial para a nosa lingua e a nosa cultura.
O debate pódese seguir, a partir de hoxe, dende o noso blog.

Comparte nas túas redes sociais ou por email