Estes días chega ás librerías de toda Galicia un novo álbum ilustrado por Manuel Pizcueta a partir dunha historia, curiosa e sorprendente, de Pepe Cáccamo na que reflexiona arredor do tempo, dende o humor e a retranca, a partir dun personaxe que ten a enorme "virtude" de chegar sempre tarde a todas partes.

Cáccamo atrévese así a propoñernos unha historia arredor das tiranías dos reloxos, o destino e a liberdade que o artista Manuel Pizcueta foi quen de convertir nunha proposta plástica chea de luz e elegancia.

Sen dúbida, este 'Un home impuntual' está chamado a ser, puntualmente, un dos álbums ilustrados máis sorprendentes do ano.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR