Dende onte un carballo recorda a Vicente Risco, ao home e ao escritor, na Alameda de Ourense. Esta árbore era unha das favoritas do ourensán e esa preferencia foi unha das cousas que aprenderon sobre a súa figura os preto de douscentos rapaces que participaron na plantación do carballo nun acto organizado pola Editorial Galaxia e apoiado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco.

Todos eles tiñan lido Tres contos marabillosos, una obra de Risco publicada na colección Árbore de Galaxia. Incluso fixeron debuxos inspirándose na inspiración fantástica do escritor. Nove pequenos de distintos colexios da cidade -Nerea, Sofía, Sindy, Isabel, Jennifer, Amantia, Martín, Adrián y Dalila- recibiron premios por facelo… ¿o principio dunha bonita amizade coa literatura galega?

Todos os rapaces saíron cunha camiseta nova e con ganas de ler. É seguro que sempre lembrarán que plantaron un carballo por un tal Risco. Vicente. Ourensán e escritor.

La Voz de Galicia. 09 04 2005

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR