Últimos días para presentarte ao I Premio Viadutos de Novela

Categoría: Nova

Este venres, 30 de marzo, remata o prazo de recepción de orixinais para o I Premio Viadutos de Novela que convocan conxuntamente o Concello de Redondela, a través da súa Concellería de Xuventude, e a Editorial Galaxia.
Se o pasado decembro vos contabamos que o Certame de Relatos Curtos Os Viadutos, que acadaba no 2017 a súa decimosétima edición, e que estaba considerado un galardón de referencia para os novos narradores en Galicia (podían concorrer obras de creadores entre os 18 e os 35 anos), se convertía nun premio de novela, hoxe recordámosvos que o prazo está próximo a vencer e que no vindeiro mes de maio coñeceremos á gañadora ou gañador.

No Premio Viadutos poden participar aquelas autoras e autores maiores de 18 anos que teñan unha novela inédita que supere as 100 páxinas. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra gañadora será publicada na colección Literaria da Editorial Galaxia.

Podes consultar as bases ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email