A poucos días de que remate o prazo para a recepción de orixinais, lembrámosvos a convocatoria do XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

Poderán participar todas as persoas que o de­sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galegaO tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 17 de novembro do ano 2017 e a decisión do xurado darase a coñecer no transcurso do mes de decembro. O premio de 3.000 euros será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios. Ademais a Editorial Galaxia publicará o libro na súa colección “Ensaio”. Aínda estás a tempo de participar!

Podes descargar as bases ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR