O pasado venres a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega daba a coñecer os títulos das obras finalistas nas distintas categorías, é dicir, os libros máis votados polos socios e socias nos diferentes xéneros literarios.
Tres obras de Galaxia atópanse entre as finalistas destes prestixiosos premios que se fallarán nunha gala no vindeiro mes de Maio na Coruña.
As obras do noso catálogo que chamaron a atención positiva dos escritores e escritoras da AELG son, na categoría de Narrativa, 'Morgana en Esmelle' de Begoña Caamaño e 'Verde Oliva' de Xavier Alcalá. Por outra banda, no apartado de Infanto-Xuvenil, o libro escollido foi o asinado por Fina Casalderrey e Francisco Castro, 'O neno can'.
Como todos os anos, unha boa colleita literaria que recibe, tamén, a aprobación dos autores e autoras deste país.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR