Sen dúbida, a sorpresa editorial do ano está a ser o libro de Benigno Campos, "A cociña de Larpeiros", un recetario que a editorial Galaxia vén de tirar do prelo hai menos dun mes e que vén de alcanzar xa a terceira edición, sendo cada unha delas de 4000 exemplares.

Poucas veces un cociñeiro galego conseguira levantar tanta expectación, xa non só nos medios de comunicación senón, sobre todo, entre o público, que atopa no traballo de Benigno toda unha fonte de inspiración culinaria.

Para os que queiran atoparse co autor destas receitas, estará hoxe asinando exemplares na Casa do Libro de Vigo dende as 19.30 horas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR