Hoxe oito de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e hoxe, coma sempre e como cada ano, en Galicia, reivindicamos a igualdade, o noso desexo de seguirmos xuntos e xuntas camiñando cara un futuro onde a lóxica e a normalidade sexan a pauta de relación entre os sexos.
Para nosoutros e nosoutras é moi importante lembrar nun día coma hoxe a unha das fundadoras da nosa literatura nacional, porque todas e todos somos fillos e fillas de Rosalía de Castro. Poucas culturas poden presumir, coma a nosa, de ter como marco referencial a obra inmensa, a cada día máis grande, dunha poeta fundacional. A Rosalía de Castro que hoxe estaría encabezando as manifestacións a prol da igualdade, a Rosalía de Castro nai, compañeira, si, pero a Rosalía de Castro loitadora, defensora da muller, denunciadora da súa opresión, a poeta que soubo ver máis aló das flores e dos paxaros para entender a situación de discriminación, protestar e, na medida das súas posibilidades líricas, poñer a palabra ao servizo desa igualdade soñada.
Hoxe, todas e todos fillos de Rosalía de Castro.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR