Tes ata o 27 de abril para participar no Reto Lector

Categoría: Nova

O vindeiro venres 27 de abril remata o prazo para participar no Reto Lector 2018, un premio dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 16 anos que queiran transmitir a súa paixón pola lectura en galego a través da plataforma de vídeo, converténdose en vloggers literarios.

Para participar só teñen que ler e comentar dous libros da Editorial Galaxia das coleccións Árbore, Costa Oeste ou Literaria. Cada participante deberá enviar a galaxia@editorialgalaxia.gal dous arquivos de video que non superen os dous minutos de duración a través da plataforma WeTransfer, un por cada libro lido. No vídeo, comentará o contido da obra, os aspectos que lle gustaron e as razóns polas que recomendaría a súa lectura. A finalidade de cada vídeo é animar a que outras persoas lean. 

Para que a Editorial Galaxia poida difundir logo os traballos participantes a través da súa web e das sús redes sociais, os vídeos enviados deben vir acompañados dunha autorización da nai, pai ou titor (que podes descargar ao final deste artigo).

O rapaz ou a rapaza que gañe o reto lector recibirá un Ipad de última xeración, e ademais, haberá cinco lotes de libros coas últimas novidades das coleccións Literaria, Costa Oeste e Árbore para os cinco seguintes clasificados.

Lembra que quedan só dez días para que remate o prazo, a que esperas?

Podes descargar a autorización aquí. E ler as bases ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email