Tes ata o 26 de abril para participar no Reto Lector

Categoría: Nova

O vindeiro venres 26 de abril rematará o prazo para participar no Reto Lector 2019, que che da a oportunidade de converterte en todo un booktuber.
Este premio está destinado a rapaces de entre 12 e 16 anos de diferentes institutos galegos. Para participar só terán que facer un vídeo de menos de dous minutos comentando o seu libro favorito da colección Árbore, Costa Oeste ou Literaria e os motivos polos que o recomendarían. Terán que enviar o seu vídeo ao correo galaxia@editorialgalaxia.gal por medio da plataforma WeTransfer. Deberá incluirse tamén unha autorización da nai, pai ou titor aportando o consentimento para que Galaxia poida difundir os traballos dos participantes a través da súa web e das súas redes sociais.
O gañador recibirá un Ipad de última xeración e os cinco seguintes clasificados terán como recompensa un lote de libros coas últimas novidades destas coleccións. O xurado estará composto polo alumnado da ESO dun centro de Galicia no que queda automáticamente descartada a súa participación. O fallo farase público no mes de xuño e valoraráse a creatividade, ademais da claridade da exposición ou o poder de persuasión..
O Reto Lector consolida este ano a súa terceira edición como unha actividade de referencia na promoción da lectura en lingua galega. A gañadora do ano pasado, Eira Losada, recomendaba así a saga Harry Potter e animaba á lectura de máis obras traducidas ao galego.
A que esperas para participar?

Comparte nas túas redes sociais ou por email