Terceira edición para O ACHADO DO CASTRO

Categoría: Nova

Hai algo máis dun ano que decidimos traer para a Editorial Galaxia o libro de Manuel Núñez Singala, O ACHADO DO CASTRO. Sabiamos que era unha obra moi representada e querida nas aulas do país, algo nada sorprendente se temos en conta que outras súas como COMEDIA BÍFIDA gozan da mesma condición.
Así pois, actualizámola para a Colección Costa Oeste e confirmouse o éxito que xa intuiamos, conseguindo neste curto espazo de tempo tres edicións.
Quen se achegue a esta historia de curiosos romanos non vai deixar de rir en todo o tempo. De rir e, como é habitual nas obras de Singala, reflexionar. Porque ás veces, o humor, é o camiño máis directo para dicir cousas realmente importantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email