Teatro infantil para abrir a Feira do libro de Vigo

Categoría: Nova

Este ano a Feira do Libro de Vigo trasládase á Porta do Sol. Coma sempre, a nosa editorial terá unha importante presenza cunha morea de actos que darán comezo mañá ás sete do serán coa presenza de Raquel Castro, autora de 'As terapias da doutora Ledicia' e Carlos Labraña, responsable de 'Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada'. Ambos os dous guiarán un acto teatral no que se representará parte da obra da primeira.
A nosa editorial está apostando nos últimos anos pola publicación de moitos textos de teatro pensado para as máis pequenas e pequenos no convencemento de que é necesario fornecelos de obras de carácter dramático que fomenten nelas e neles, ademáis do gusto polas boas historias, tamén o gusto polo xénero.

Comparte nas túas redes sociais ou por email