Tal día coma hoxe, morría Edgar Allan Poe

Categoría: Evento

Tal día coma hoxe, hai 171 anos, morría, en 1849, Edgar Allan Poe. Unha personalidade que non precisa moitas presentacións e que foi, sen dúbida, o gran mestre do relato curto e das historias de terror.
Escritor, poeta, crítico ou xornalista, son algúns dos oficios que perfilaban a este talentoso creador. Coñecelo é fundamental para entender a renovación da novela gótica, na que el xogou un papel clave polos seus contos de terror.
Na Editorial Galaxia publicamos, na coleccións Clásicos Universais, os seus Contos completos en 3 volumes.
A obra contística de Poe é unha das que fundan a tradición literaria moderna, salientando como precursora en diversos subxéneros coma o policial e o de misterio. A súa influencia nos autores posteriores chega ata hoxe e a súa tradución sistemática para o galego ten relevancia, ademais, polo papel central do conto na tradición literaria do noso país.
Poe foi unha mente brillante. O seu legado deixounos historias de altísima calidade que, a día de hoxe, seguen a ser de extraordinaria actualidade. Non deixemos de conectar co pasado para comprender o presente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email