Onte martes recibimos na nosa editorial a visita do tradutor xaponés para o galego de Rosalía de Castro e de Ramón Cabanilas, Takekazu Asaka. Como fixera na súa anterior visita polo 2011, cando nos agasallou con outras obras galegas traducidas ao xaponés, desta volta veu con 'Contos da miña terra' de Rosalía de Castro e coa 'Cantata a Ramón Cabanillas'.
Ambas as obras están editadas con CD nos que prestixiosas sopranos niponas cantan a estas dúas figuras da literatura galega.
(na foto, acompañado con varios membros do equipo de Galaxia: o director de produción, Xosé Soutullo, a xerente Pilar Sampil, e o coordinador de novos proxectos e editor de infantil e xuvenil Francisco Castro)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR