Seguen os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña. E a actividade non cesará durante a fin do semana.
Así, este domingo, o escritor e director xeral da nosa editorial, Víctor F. Freixanes estará asinando exemplares da súa novela 'Cabalo de ouros' dende ás 19 horas.
E unha hora máis tarde, Aid ofrecerá un concerto de presentación do seu libro-disco 'Rapoemas', acompañado do escritor e editor Francisco Castro.
Literatura e música nunha das citas ineludibles do verán cultural galego.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR