Este martes, a partir das 20:00 h, o escritor Xosé Monteagudo estará na librería Cronopios (rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra) para conversar cos seus lectores e asinar exemplares da súa nova novela, O curioso mundo das persoas normais.

O autor deUn tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade contemplada por un personaxe condenado a unha existencia moi diferente á habitual.

A novela está inspirada nunha historia real acontecida en Pontevedra, a dun home que pasa toda a súa vida pechado no cuarto dun hospital.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR