Xurxo Patiño, coordinador da Feira do Libro de Vigo que onte pechou as súas portas, comenta hoxe nas páxinas de 'La Voz de Galicia' os resultados referidos ás vendas e aos títulos máis solicitados.
Entre os máis vendidos destaca, entre os dirixidos ao público adulto, 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández.
No chanzo referido aos libros temáticos, o resultado é moi claro. Os libros máis solicitados foron 'As lambetadas de LARPEIROS' de Merchi Rodal (a resposteira celebrou tamén un obradoiro de repostería na nosa caseta), 'A cociña dos Cunqueiro', así como todos os libros de Benigno Campos.
No eido infantil, a nosa editorial produciu a Semana da Música Infantil na Feira do Libro. Seis días de música cos mellores solistas e grupos do panorama da música para pícaros e que se reflectiu tamén nas vendas. Así, libros como 'Rosalía pequeniña', de Uxía e 'Bicos de música' de Mamá Cabra, foron os máis vendidos para ese chanzo de idade.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR