Senlleiras chega á súa segunda edición

Categoría: Nova

Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018, acadaba hai unha semanas a súa segunda edición, con máis de mil exemplares vendidos no seu primeiro mes de vida nas mesas de novidades.
O éxito de crítica e lectores da primeira novela para público adulto de Antía Yáñez é xa un feito grazas á segunda edición que comezará a chegar estes días ás librarías. Non poderiamos estar máis agradecidos aos lectores cómplices que apoian o talento das novas fornadas de escritoras e escritores que estamos a descubrir grazas ao Premio Illa Nova, que nuns días, acadará a súa terceira edición.
Para saber máis do libro ou ter oportunidade de coñecer á súa autora podedes achegarvos a algunhas das vindeiras presentacións de Senlleiras: o venres 21 de setembro na Libraría Biblos de Betanzos e o venres 28 na Libraría Eixo de Ourense.

Comparte nas túas redes sociais ou por email