Sempre en Galiza

Categoría: Nova

Saiu do prelo o venres pasado e irá anegando aos poucos, coa luz de sempre, o inmorrente ensaio de Castelao, sen dúbida o máis importante da historia da cultura galega, 'Sempre en Galiza'. Un libro que é máis ca un libro. É un símbolo da cultura e dun país. Unha reflexión que manifesta á perfección o desexo fondo da Xeración Nós de colocar á nación galega no mesmo plano que o resto das nacións do mundo.
Desde a súa publicación no ano 1944, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email