Sempre 'A sombra dos teus soños'

Categoría: Nova

Este mes de febreiro chegou ás librerías o libro de relatos de Anxo A. Rei Ballesteros (1952-2008), 'A sombra dos teus soños', neste caso como o segundo volume da Biblioteca Rei Ballesteros.
Publicado por primeira vez en 1998, 'A sombra dos teus soños' marcou un xiro na obra de Anxo A. Rei Ballesteros. Estes textos chegaban despois da súa celebrada novela 'Loaira'.
Estes relatos, que agora reaparecen nunha nova edición dentro da Biblioteca que en Galaxia abrimos para Rei Ballesteros, sitúanse en "tempos de triunfante nihilismo", cando o único valor indiscutible semella ser o diñeiro. Tempos de soños idos nos que soamente cómpre escribir sobre a súa sombra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email