Chus Nogueira fala na páxina narrativa do Diario Cultural da Radio Galega sobre o conxunto de relatos Sapos e sereas, de Ana Cabaleiro.

Catro textos precedidos de cadansúa cita, algunhas delas sorprendente, que encabezan os distintos relatos que adquiren unidade cun epílogo non narrativo.

Para Chus Nogueira hai moito de reescritura de personaxes, de mitos, da literatura, e o que teñen en común é que se reescriben dende o xénero. A pretensión da autora é deixar ao descuberto prexuízos, prototipos e, aínda que non é un procedemento novidosa na literatura galega, a crítica destaca que non é frecuente na narrativa.

Chus Nogueira destaca o humor da obra que é fundamental e permite distanciamento, desenfado, ironía, todas estratexias que permiten observar o que se narra dende diferentes perspectivas. Por último engade que é unha aposta orixinal na que a construción dos relatos é moi eficaz.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR