Sabela González gaña o Premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

O pasado venres foi un día de alegría para a escritora Sabela González pois coa súa novela de debut, 'Bágoa de Lúa', primeiro título da triloxía AS CRÓNICAS LANDEREINA, acadou o prestixioso premio Frei Martín Sarmiento que conceden as e os escolares de Galicia ao libro que máis lle gustou dos publicados recentemente.
En concreto, recibiu o galardón na categoría na 5ª categoría que corresponde a 3º e 4º da ESO.
Nun acto celebrado no Colexio La Salle de Santiago, a autora da Mariña agradeceu o galardón e manfestou a súa ledicia por un recoñecemento tan sincero feito polos mellores críticos que pode haber: as e os lectores a quen o libro ía dirixido.

Comparte nas túas redes sociais ou por email