Riveiro Coello finalista do Premio Frei Martín Sarmiento

Categoría: Nova

A ferida do vento de Antón Riveiro Coello é unha das obras finalistas do XIV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos.
A última novela de Riveiro Coello, de quen chegou ás librarías nesta mesma semana o colección de microrrelatos Á sombra dos bonsais, opta así a un dos premios máis orixinais do panorama galego. O Premio Frei Martín Sarmiento é unha actividade de animación á lectura en lingua galega na que se propoñen unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende a Educación Infantil ata o Bacharelato que os alumos len ao longo do curso, e sobre os que emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.
Antón Riveiro Coello fixérase xa co galardón grazas á novela Laura no deserto (2011), e dende Galaxia agardamos que A ferida do vento teña esa mesma fortuna.

Comparte nas túas redes sociais ou por email