Nesta semana botaremos o peche ao ano Novoneyra, poeta a quen este ano dedicamos o Día das Letras Galegas. Con este motivo, na nosa editorial viron a luz unha serie de traballos que deben seguir vivos rematada a efeméride, porque a poesía de Novoneyra é grande por si mesma e sostense de seu no tempo.
Así, por unha banda, tiramos do prelo o mítico volume 'Do courel a Compostela', pero co valor engadido dun CD no que recolliamos poemas do autor na súa propia voz, todo un acontecemento, como os que tiveron a sorte de velo recitar, recordan.
Mais, por outra banda, era necesario achegarse á súa obra e figura dende unha perspectiva máis analítica. Para elo, encomendámoslle ao escritor Antón Lopo, recente gañador do García Barros por 'Obediencia' ese achegamento biográfico ao poeta do Courel. O resultado é un orixinal libro, narrativamente moi poderoso, que levou por título 'A distancia do lobo.Biografía de Uxío Novoneyra'.
Case que rematado este 2010 dedicado, cómpre que non deixemos no esquecemento a quen soubo ver na poesía, liberdade, paisaxe, país e tenrura.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR