Rei Ballesteros regresa á novela cunha historia provocadora e de pensamento e faino unha vez máis da man de Galaxia

Categoría: Nova

Anxo Rei Ballesteros non renuncia ao pensamento nin a novela. Non renuncia tampouco a ser provocador ou incorrecto. O escritor presentou en Compostela o seu máis recente libro: Non sei cando nos veremos, publicado por Editorial Galaxia no que, en sentidos diversos aproveita a confesión que un pai fai dende o cárcere á súa filla e na que conta toda unha vida de experiencias extremas.
O director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, destacou o ánimo provocador de Ballesteros e indicou que "é de esperar que ao contrario que o que lle pasou a Henry Miller non se entenda que esta é unha novela de sexo".
Xosé Manuel Eiré e máis o autor coincidiron en apuntar sobre a novela a súa vocación de non renunciar ao pensamento e, en cambio, "ter unha forma concientemente oral". Ballesteros indicou que o libro era "a historia dunha orfandade de alguén que a pesar de practicar algúns cinismos e querer pensar aínda lle queda algo de corazón".

Comparte nas túas redes sociais ou por email