Recoñecemento internacional para dous libros de cociña

Categoría: Nova

O libro coordinado por Yolanda Castaño 'Cociñando ao pé da letra', coas fotografías de Andrea Costas, vén de ser nominado aos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOK AWARDS 2011, uns premios que recoñecen os mellores libros de cociña editados do mundo.
A categoría na que se conseguiu a nominación é na de Best Cookbook Photography, algo que non nos sorprende pois ademais da altura das literarias receitas que os 'cociñeiros' escribiron, o traballo de Andrea Costas brilla por si mesmo.
Os resultados anunciaranse o mércoles 6 de marzo de 2012 no teatro Les Folies Bergère de Paris.
Por outra banda, o segundo dos libros de Benigno Campos, 'Novas receitas da cociña de Larpeiros' está entre os finalistas na categoría de Best TV Celebrity Western Europe, o que di moito da capacidade de comunicación e arte á hora de chegar á xente do noso cociñeiro.
Agora toca esperar o resultado das votacións dos xurados para coñecer a fortuna destes dous libros que foron cociñandos, como debe ser, a lume moi manso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email