Manuel García Barros, insubmiso

Categoría: Recensión

O 28 de xullo publicouse no suplemento dominical de Diario de Ferrol, “Nordesía”, unha recensión de Armando Requeixo sobre A pluma insubmisa. Ensaios inéditos do escritor estradense Manuel García Barros. Un excelente traballo de recuperación, complementado cun documentado estudo por parte de Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono.
García Barros, ou Ken Keirades, foi un intelectual comprometido coas causas da xustiza, a liberdade de pensamento e cultura expresada na nosa lingua. En definitiva, unha desas voces imprescindibles para comprender o discurso cultural e literario do século XX.
Animádevos a ler toda a recensión clicando no seguinte enlace:
recension-a-pluma-insubmisa_armando-requeixo_nordesia_28-07-2019

Comparte nas túas redes sociais ou por email