Ramón Villares analiza a identidade galega

Categoría: Nova

Hai unhas semanas Mario Regueira escribía no semanario Sermos Galiza sobre o novo ensaio de Ramón Villares, Identidade e afectos patrios, publicado por Galaxia.
Na recensión, Mario Regueira destacaba: “Identidade e afectos patrios demostra unha serie de calidades infrecuentes neste tipo de coleccións e non podemos deixar de pensar que o verdadeiro tema de fondo das distintas partes do libro é aquel que o autor apunta brevemente no prólogo: a aposta por un modelo de historia diferente que se cuestione e trate de explicar a persistencia de determinadas identidades culturais como a nosa”.
Sendo unha compilación de diversos artigos sobre temas xa tratados polo autor, Regueira engadía que “o contido do volume é interesante e ten a virtude de colocar a cuestión sobre a identidade galega nun lugar poucas veces visto, eludindo, na medida do posíbel, determinala, para tratar de analizar por que é un elemento recoñecíbel e, en certo sentido e con distintas interpretacións, indiscutíbel”.
 
Podes descargar a recensión completa aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email