Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia

Categoría: Nova

A pesar de que o Día das Letras quedou atrás, a obra e vida de Ramón Piñeiro seguen a ser obxecto de estudo por parte dos máis importantes coñecedores da súa figura. Hoxe, Carlos Fernández falará sobre o autor de Láncara, ás 20.30 horas, no Burgo, no Edificio Multiusos do Concello de Culleredo. A súa intervención gravitará arredor do tema "Ramón Piñeiro e a Xeración Galaxia".

Porque ao igual que non se pode entender nada da historia recente de Galicia sen termos presente a figura de Piñeiro, tampouco é posible comprendérmonos sen o traballo da Xeración Galaxia, exemplo de resistencia e de creatividade en tempos ben complexos.

A entrada é de balde e servirá para seguir homenaxeando a Ramón Piñeiro e á xeración da que formou parte e da que, dalgunha maneira, todos somos herdeiros privilexiados.

Comparte nas túas redes sociais ou por email