"La Habana Flash": crónica cubana e galega

Categoría: Nova

"La Habana Flash" foi un libro que, cando saiu orixinariamente do prelo de Galaxia, no ano 1998, xa chamou poderosamente a atención pola actualidade dos debates que propuña. Con aquel texto, Alcalá ofrecíanos, desde a súa persoal ollada un relato no que quixo darlle voz a algúns dos moitos galegos que aínda seguen vencellados en corpo e alma á illa caribeña.

No mesmo, Xavier Alcalá, mestre na arte da crónica e a literatura de viaxes, como xa demostrou noutras moitas obras, dába conta dos problemas cubanos e da realidade, ás veces contraditoria, na que se ven mergullados os homes e as mulleres de Cuba para saír adiante no día a día.
Agora, o libro de Alcalá, segundo da colección Continental de Galaxia, aparece da man da editorial Nowtilus para os lectores en castelán.

Comparte nas túas redes sociais ou por email