Publicamos FEITIZO DE SANGUE de Sabela González

Categoría: Nova

Cando hai dous veráns saiu do prelo BÁGOA DE LÚA, de Sabela González, libro que inaugurou a triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA foron moitos os lectores e lectoras que, dende o primeiro instante, comezaron a reclamar a continuación da historia. Por iso ao pouco tempo tivemos xa que reeditar.
FEITIZO DE SANGUE, esa esperada segunda parte, chega agora ás librerías de todo o país disposto a reproducir o éxito do primeiro. E a emoción e as aventuras que viven os seus protagonistas.
Seguimos á procura da Pedra de Lúa…

Comparte nas túas redes sociais ou por email