Hai unhas semanas chegou ás librerías galegas, dentro da colección Costa Oeste, a novela de Celia Díaz Núñez, A BOCA DO MONTE, unha historia que a autora sitúa nas terras da súa nenez, e que nos leva por unha época lonxana no tempo, a do Imperio Romano, pero moi próxima no espazo, as terras de Quiroga, e máis en concreto o túnel de Montefurado.
Estamos diante dunha novela histórica, pero tamén diante dunha historia de resistencia e de dignidade dos poboadores nativos diante do asoballamento do Imperio Romano.
A obra presentarase en días vindeiros dentro dos actos da Feira do Libro de Ourense.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR