Prudencio Viveiro escribe sobre Golpistas e verdugos de 1936

Categoría: Nova

Na sección “O espello das letras” do último número da revista Grial, o historiador Prudencio Viveiro Mogo afonda en Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, unha proposta colectiva editada polos profesores da Universidade de Santiago de Compostela Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho. Baixo este título aparecen recollidos varios traballos de investigación, a maior parte de eles elaborados por novas e novos investigadores.

“Estamos, xa que logo, diante dun volume que pretende abrir novos vieiros, até o momento inexplorados, no estudo da Guerra Civil en Galicia. A maioría dos autores deste volume son historiadores e historiadoras novas que están comezando a súa xeira investigadora, polo que cómpre agardar que o monte que agora comeza a rozarse deixe paso a unha agra aberta, que poña os focos sobre os responsábeis de tanta morte e tanta dor”.

Para consultar a recensión ao completo aquí.

Comparte nas túas redes sociais ou por email